Proxecto FIARES
Dentro do Espazo de Nós Mesmas no proxecto de Fiares, levarase a cabo un obradoiro de Consciencia e Coidado Emocional, impartido pola facilitadora externa Mª Pilar Lorenzo Represas.
Este obradoiro está creado para MULLERES familiares das persoas con trastorno mental participantes en Xaruma e a súa finalidade é proporcionar unha experiencia educativa para o benestar e o autocoidado dentro dun clima relaxado e de bo humor.
C O N T I D O S
Módulo I. APRENDER A ESTAR EN TI
· Habitar o instante presente
· Preguntas que florecen
· Consciencia corporal
Módulo II. COIDADO EMOCIONAL
· Eu e o meu “Pepito Grilo“
· Emoción / situación-estímulo / finalidade
· Emocións saudables
Módulo III. BO HUMOR
· Efectos positivos da risa
· A miña eu divertida: recursos prácticos
Arrinca este vindeiro 5 de febreiro ata o 30 de marzo.
Sesións os martes e venres de 19:00h ás 20:00h (16 sesións aprox.).
Obradoiro gratuíto e realizado de maneira virtual (cunha ferramenta de videoconferencias). Precisarase un ordenador, tablet ou móbil para seguir as sesións e, no caso de non dispoñer de ningún deles, Xaruma facilitará os medios necesarios para a súa realización.
Anímate a re-quererte, re-mimarte e a seguir construíndote coma MULLER!!
Máis información en infoxaruma@gmail.com