ÑAM ÑAM!!!

DA HORTA Á CASA

Arrinca un novo OBRADOIRO DE COCIÑA SAUDABLE!
Nesta ocasión, aprenderemos todo o que carrexa facer o xantar na casa: escoller o menú, ir á compra (ou a nosa horta), cociñar, xantar e limpar todo o empregado.
Ademáis de incorporar receitas equilibradas e variadas para a nosa alimentación, o obxectivo principal de tal actividade é potenciar as habilidades básicas da vida diaria. É dicir, fortalecer aquelas destrezas que precisamos para realizar tarefas cotiás e coas que imos conseguindo pouco a pouco unha maior autonomía e independencia.

O obradoiro está dirixido a todas aquelas persoas que teñan algún trastorno mental e se realizará todos os mércores e sábados (podendo ir un ou ambos días) durante os meses de febreiro e marzo a partir das 12:00h no local de Xaruma. O obradoiro dará comezo o 6 de febreiro e finalizará o 30 de marzo.

Non o pensedes máis e ANOTÁDEVOS!!!!
Descubride o voso lado máis culinario e creativo!

Para a inscripción mandar correo a infoxaruma@gmail.com, chamar ao 986127949 / 698142158 ou no propio local da asociación (Centro Gárate, r/Sanjurjo Badía, nº 79, Vigo).