Novo curso de monitor/a de actividades de tempo libre, pero ¿sabes o que significa ser monitor/a?
[youtube https://www.youtube.com/watch?v=I5FLe1GoFH0]
Apúntate ao noso curso e adéntrate neste fermoso mundo. Prometemos máis de 500 sorrisos (podédelos contar) e unha experiencia que xamás esquecerás.
O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).
Datas: 1 de outubro – 18 de decembro.
Horario: sábados e domingos de 10 a 14 e de 16 a 20.30 (salvo datas concretas nas que se entrará ás 9.00)
Lugar: Vigo (barrio de Teis)
Requisitos: maior de idade e con graduado escolar ou equivalente.
Contidos:
1. Psicoloxía e Educación no Tempo Libre
2. Animación
3. Educación para a Saúde
4. Educación Medioambiental
5. Organización e Recursos
Aportación: 195 € socios/as e desempregados; 205 € tarifa ordinaria*
Posibilidade de pagos fraccionados (con desconto/ ordinario)
Reserva de praza, antes do 5 de outubro: 75/85
Segundo pago, antes do 21 de outubro: 60/60
Terceiro pago, antes do 21 de novembro: 60/60
Documentación a entregar:
– Fotocopia do DNI
– Fotocopia título graduado escolar ou equivalente
– Foto de carné
– Resgardo bancario
– Tarxeta de desempregado (de ser o caso)
Toda esta documentación entregarase dixitalmente unha vez confirmada a praza a través de copia escaneada ou fotografía na que se poida ler todo o que o documento contén.
Para preinscribirte, simplemente enche o formulario final cos datos correctos, e no prazo máximo de 3 días enviarémosche un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.