Mañá colleremos as nosas maletas e cambiaremos a nosa casa por un novo fogar cos nosos compañeiros e compañeiras. Comeza o respiro de verán, nun piso con vistas á ría perfecto para estes calurosos días!

Aprenderemos a cociñar, a facer a habitación, pór a lavadora, actividades de limpeza… Pero tamén iremos á praia, faremos informática, xogos, memoria… E cócteles sen alcohol, moi saudables.

Alí estaremos todo o mes, ata o 31 de xullo que tocará volver facer a maleta, aínda que non acaban aí as vacacións! Logo nos queda Tomiño e Merza! Que ganas de comezar!

Apertas!!
A xente de Xaruma