Un bo día e de maneira espontánea formouse un interesante grupiño (persoas participantes da asociación e persoas voluntarias), que argallaron a idea de facer un ATELIER DE COSTURA CREATIVA. Neste obradoiro, con e sen coñecementos previos do tema, confeccionamos fermosas pezas con diversas teas de diferentes cores, texturas e tamaños. Ademais de “tecer lazos” entre as persoas participantes, esta actividade é un continuo proceso de ensinanza-aprendizaxe no que o ensaio e erro está á orde do día pero que, grazas a el, incrementamos as nosas habilidades e destrezas manuais básicas e fomentamos a nosa creatividade, contribuíndo así ao noso desenvolvemento persoal.

Velaquí unha mostra das cousiñas!