
Proxecto de apoderamento feminino en saúde mental
Debido ó impacto positivo que tivo con mulleres con diagnóstico en saúde mental o proxecto de Formación Morada https://xaruma.org/formacion-morada/ nace este novo proxecto que recibe o nome de Mulleres en Acción.
Neste proxecto dirixido ás mulleres cun diagnóstico en saúde mental, vanse levar a cabo actividades onde se reforzará a autoconfianza, os autocoidados e o poder e autoridade para decidir sobre os aspectos que afectan á súa vida, previr e loitar contra as violencias de xénero, fomentar sinerxías con outras entidades, formar tecido asociativo co barrio e nas catro provincias galegas e, ademais, fomentar o uso das novas tecnoloxías nestes procesos.
Unha mala saúde mental afecta de maneira negativa tanto a homes como a mulleres, pero ben é certo que repercute de maneira diferencial ás mulleres, sendo elas as máis prexudicadas.
As mulleres sofren múltiples discriminacións. Por unha banda, polo feito de ser mulleres, é dicir, polo rol social e cultural que se lles asina. Por outra banda, por ter unha discapacidade, e, por último, pola imaxe social estigmatizada que existe da saúde mental con respecto a outras discapacidades físicas ou intelectuais. Isto, xera unha situación de especial vulnerabilidade para elas, aumentando desta maneira o risco de exclusión social, posto que á saúde mental na sociedade supón abundantes prexuízos.
Por iso, as mulleres cun diagnóstico en saúde mental, atópanse ante tres categorías diferentes de discriminacións: muller, discapacidade e estigma social que interactuan de maneira simultánea.
A relación que existe entre ser muller con diagnóstico en saúde mental e a violencia de xénero é estreita. Debido á situación na que se atopan de maior indefensa son máis vulnerables a sufrir violencia de xénero. É por iso, polo que resulta de vital importancia traballar mediante actuacións de promoción da igualdade entre homes e mulleres e de prevención e loita contra as violencias de xénero, onde se fomenten os autocoidados, a autoconfianza e distintas ferramentas sociais e tecnolóxicas que melloren a calidade de vida das mulleres.
A metodoloxía que se levará a cabo será participativa e inclusiva, onde as mulleres serán as protagonistas e tomarán decisións activas sobre as actividades e sobre as súas vidas.
PROGRAMA E DATAS
- Neste proxecto vaise traballar mediante distintas estratexias. Para comezar, levaremos a cabo unha parte que alterna teoría dos bloques temáticos e dinámicas.
- “Mulleres en acción: manexo das novas tecnoloxías”: esta sección nace pola necesidade de fomentar e traballar as novas tecnoloxías coas mulleres con diagnóstico en saúde mental. Elaboraremos un vídeo explicativo animado que resuma a teoría que se traballa en cada bloque e posteriormente subirase á nosa canle de Youtube.
- “Mulleres en acción: debatemos as novas que nos afectan”: nesta sección unha vez á semana (durante 1 hora e 30 minutos da sesión) farase debate entre as participantes sobre temas de actualidade que nos afectan as mulleres, como pode ser o xuízo de Íñigo Errejón e Elisa Mouliaá, o xuízo de Jennifer Hermoso e Luis Rubiales, entre outras.
- Durante todo o curso, é dicir, dende febreiro ata setembro, para crear unión entre as asociacións das catro provincias galegas (facendo fincapé no rural) que traballan no ámbito da discapacidade das mulleres, unha vez ó mes visitaremos distintas entidades galegas e divulgaremos a labor que se fai na nosa asociación, así como as necesidades concretas e as problemáticas específicas que sofren as mulleres cun diagnóstico. Esta sección recibe o nome de “Mulleres en acción: sinerxías de mulleres con discapacidade”.
A continuación, preséntanse os catro bloques temáticos que se van a traballar durante os próximos meses.
BLOQUE I: SEXO-XÉNERO
Neste apartado, preténdese facer fronte as desigualdades, para iso é fundamental facer unha distinción entre os conceptos. Cando falamos de sexo facemos referencia a elementos fisiolóxicos, trátase dos órganos sexuais cos que nacemos. En cambio, o xénero fai referencia á construción social e cultural que aprendemos ó longo da vida do que significa ser un home e ser unha muller, a través de roles e estereotipos de xénero.
- 26/02/25
- 27/02/25
- 05/03/25
- 06/03/25
- 12/03/25
- 13/03/25
- 19/03/25
- 20/03/25
- 26/03/25
- 27/03/25
BLOQUE II: AMOR ROMÁNTICO VS RELACIÓNS IGUALITARIAS E NOVAS MASCULINIDADES
Neste apartado vaise analizar e facer unha comparativa entre o amor romántico, xa que este reproduce unha imaxe sobre o amor totalmente estereotipada e daniña para as relacións interpersoais (mito da media laranxa, príncipe salvador da princesa, o amor todo o pode…) e as relacións igualitarias, onde existe unha responsabilidade compartida, respecto mutuo, consenso, comunicación, igualdade…
Ademais, tamén se fará unha aproximación as novas masculinidades que están aparecendo na actualidade e como estas contribúen a igualdade de xénero.
- 02/04/25
- 03/04/25
- 09/04/25
- 10/04/25
- 16/04/25
- 23/04/25
- 24/04/25
- 30/04/25
- 14/05/25
- 15/05/25
- 21/05/25
- 22/05/25
- 28/05/25
- 29/05/25
- 04/06/25
- 05/06/25
- 11/06/25
- 12/06/25
- 18/06/25
- 19/06/25
- 25/06/25
- 26/06/25
BLOQUE III: APODERAMENTO FEMININO, AUTOESTIMA E AUTOCOIDADOS
Este apartado pretende facer fincapé no apoderamento das mulleres cun diagnóstico en saúde mental, posto que as mulleres con discapacidade debido ó estigma que existe sobre elas, contan cunha baixa autoestima. Levaranse a cabo mediante actividades transversais que se levarán a cabo dende febreiro ata setembro fomentaranse os autocoidados das mulleres con diagnóstico en saúde mental.
- Dende o 26/02/25 ata o 25/09/25
BLOQUE IV: EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL
A sexualidade das mulleres cun diagnóstico en saúde mental segue a ser un tema tabú para a sociedade. Neste bloque porase o foco no autocoñecemento, no coñecemento do seu propio corpo para que desta forma poidan ter relacións satisfactorias e saudables.
- 02/07/25
- 03/07/25
- 09/07/25
- 10/07/25
- 16/07/25
- 17/07/25
- 23/07/25
- 24/07/25
- 30/07/25
- 31/07/25
- 06/08/25
- 07/08/25
- 27/08/25
- 28/08/25
- 03/09/25
- 04/09/25
- 10/09/25
- 11/09/25
- 17/09/25
- 18/09/25
- 24/09/25
- 25/09/25
SAÍDAS
Unha vez ó mes faranse saídas polas catro provincias galegas.
*Estas poderán sufrir modificacións dependendo da dispoñibilidade das entidades a visitar.
TITORÍAS
Os venres cada quince días a partir do mes de marzo. O 7 e o 21 de marzo, o 4 de abril, 2, 16 e 30 de maio, 13 e 27 de xuño, 11 de xullo, o 8 de agosto, 5 e 19 de setembro do 2025. En horario de 11:00 a 14:00h, sempre segundo cita (total de 39h)
HORARIO, DURACIÓN E LUGAR
Do 26 de Febreiro ó 25 de setembro de 2025
O curso ten un total de 189 horas de formación distribuídas en :
54 sesións de 3 horas de duración os de 17:00 a 20:00 h e 39 horas de titoría.
Local Xaruma. Sanjurjo Badía Nº79 (Teis, Vigo)



PREZO
Sen custe.
INSCRIPCIÓN E REQUISITOS
As prazas son limitadas por cuestión de aforo.
As persoas destinataria son mulleres con diagnóstico en saúde mental, polo que os requisitos de acceso serán:
- Ter un trastorno mental diagnosticado.
- Ter un cadro clínico estable e adherencia ao tratamento.
- Ter máis de 18 anos.
Con entrevista inicial de valoración para ingresar no curso.
Para inscribirte debes chamar ao teléfono 698 142 158, enviar un correo electrónico a igualdadexaruma@gmail.com ou no seguinte formulario:


















