FORMACIÓN OFICIAL. COMEZO EN XUÑO

Gustaríache traballar con persoas e para persoas? Pertencer a proxectos de dinamización e intervención? Cres que a educación é o camiño para lograr grandes cousas? Disfrutas do contacto da natureza e ves nela un recurso valiosísimo? Pois este é o teu curso. Faite monitor/a de actividades de Tempo Libre e comeza a dedicarte ao que máis che gusta.

Nós cremos que este curso é unha das mellores e maiores bases para desenvolver calquera profesión, estea ou non estea dentro do mundo da educación no tempo libre. Aportarache outra forma de ver e vivir as cousas, fomentará a túa creatividade, coñecerás cousas de ti mesma/o que descoñecías e, como non, coñecerás a xente que ve o mundo de forma moi similar a ti e que, seguro, pasan a formar parte da túa vida.

O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva engadido o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).

Datas: 20 de xuño – 29 de xullo de 2022

Horario: de luns a venres de 9 a 14 h. Algúns días a sesión será de 10 horas (9h. a 14 h. e 15h. a 20h.) Dispoñemos dun espazo con microondas e menaxe para poder comer na escola (sempre que a situación o permita). Consultar o calendario.

Lugar: Vigo (barrio de Teis). Liñas L5, C3, 10, 17 e 31 (Vitrasa). Aparcamento gratuito no recinto.

Requisitos: maior de idade con graduado escolar ou equivalente.

Contidos:

  • Psicoloxía e Educación no Tempo Libre
  • Animación
  • Educación para a Saúde
  • Educación Medioambiental
  • Organización e Recursos

Aportación: 

250 € (antes do 5 de xuño) – 255 € (do 6 ao 16 de xuño): socios/as, desempregados/as e voluntariado activo da entidade. Este feito ten que darse durante o período de inscrición.

265 € (antes do 5 de xuño) – 270 € (do 6 ao 16 de xuño): tarifa ordinaria.*

Posibilidade de pagos fraccionados (con desconto/ ordinario)

Reserva de praza (antes do 5 de xuño): 120 €/135 € | Reserva de praza (do 6 ao 16 de xuño): 125 € /140 €

Segundo pago (antes do 2 de xullo): 80 € /80 €

Terceiro pago (antes do 15 de xullo): 50 € /50 €

Documentación a entregar: 

– Fotocopia do DNI

– Fotocopia título graduado escolar ou equivalente

– Foto de carné

– Resgardo bancario

– Tarxeta de desempregado (de ser o caso)

Toda esta documentación entregarase dixitalmente unha vez confirmada a praza a través de copia escaneada ou fotografía na que se poida ler todo o que o documento contén.

Consulta as preguntas frecuentes

INDICACIÓNS PREVENCIÓN COVID-19

Este curso levarase a cabo sempre que os organismos oficiais así o permitan e non haxa ningunha disposición que o impida, atendedo ás normas sociosanitarias do momento.

* Non se devolverán os cartos salvo que o curso finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta.