FORMACIÓN OFICIAL. COMEZO EN MARZO

Gustaríache traballar con persoas e para persoas? Pertencer a proxectos de dinamización e intervención? Cres que a educación é o camiño para lograr grandes cousas? Disfrutas do contacto da natureza e ves nela un recurso valiosísimo? Pois este é o teu curso. Faite monitor/a de actividades de Tempo Libre e comeza a dedicarte ao que máis che gusta.

Nós cremos que este curso é unha das mellores e maiores bases para desenvolver calquera profesión, estea ou non estea dentro do mundo da educación no tempo libre. Aportarache outra forma de ver e vivir as cousas, fomentará a túa creatividade, coñecerás cousas de ti mesma/o que descoñecías e, como non, coñecerás a xente que ve o mundo de forma moi similar a ti e que, seguro, pasan a formar parte da túa vida.

O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva engadido o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).

Datas: 12 de marzo – 5 de xuño de 2022

Horario: sábados e domingos de 9-14 e de 15 a 20 (horario xeral). Dispoñemos dun espazo con microondas e menaxe para poder comer na escola (sempre que a situación o permita)

Lugar: Vigo (barrio de Teis). Liñas L5, C3, 10, 17 e 31 (Vitrasa). Aparcamento gratuito no recinto.

Requisitos: maior de idade con graduado escolar ou equivalente.

Contidos:

  • Psicoloxía e Educación no Tempo Libre
  • Animación
  • Educación para a Saúde
  • Educación Medioambiental
  • Organización e Recursos

Aportación: 

250 € socios/as, desempregados/as e voluntariado activo da entidade. Este feito ten que darse durante o período de inscrición (ata o 4 de marzo).*

265 € tarifa ordinaria.*

Posibilidade de pagos fraccionados (con desconto/ ordinario)

Reserva de praza (antes do 4 de marzo): 120/135

Segundo pago (antes do 5 de abril): 80/80

Terceiro pago (antes do 5 de maio): 50/50

Documentación a entregar: 

– Fotocopia do DNI

– Fotocopia título graduado escolar ou equivalente

– Foto de carné

– Resgardo bancario

– Tarxeta de desempregado (de ser o caso)

Toda esta documentación entregarase dixitalmente unha vez confirmada a praza a través de copia escaneada ou fotografía na que se poida ler todo o que o documento contén.

Para preinscribirte, simplemente enche o formulario final cos datos correctos e completo. No prazo máximo de 5 días enviarémosche un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir.

INDICACIÓNS PREVENCIÓN COVID-19

Este curso levarase a cabo sempre que os organismos oficiais así o permitan e non haxa ningunha norma que o impida.

  • Realizarase limpeza e desinfección mínimo 2 veces ao día.
  • Sempre que o tempo o permita, realizaranse as actividades no exterior.
  • O aforo real da aula interior é de 52 persoas. Nós limitarémolo a 20 persoas (salvo que unha norma posterior indique outro aforo diferente).
  • Separación mínima de 1,5 metros entre persoas, contando dende o perfil das cadeiras.
  • Obrigado uso de tapabocas. Para determinadas actividades é posible que utilicemos luvas (entregaraas a entidade).
  • Compartiranse as instruccións de acceso e permanencia días antes do comezo do curso.
* Non se devolverán os cartos salvo que o curso finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta.