Se che gusta traballar con persoas e para persoas, formando parte de proxectos de dinamización e intervención, este é o teu curso. Faite monitor/a de actividades de Tempo Libre e comeza a dedicarte ao que máis che gusta.

O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).

Calendario MTL 2019

Datas: 5 de outubro – 22 de decembro

Horario: sábados e domingos de 9-14 e de 15 a 19 (horario xeral). Dispoñemos dun pequeno espazo con microondas e menaxe para poder comer na escola.

Lugar: Vigo (barrio de Teis). Liñas L5, C3, 10, 17 e 31 (Vitrasa). Aparcamento gratuito no recinto.

Requisitos: maior de idade con graduado escolar ou equivalente.

Contidos:

  • Psicoloxía e Educación no Tempo Libre
  • Animación
  • Educación para a Saúde
  • Educación Medioambiental
  • Organización e Recursos

Aportación: 210 € socios/as, desempregados/as e voluntariado activo da entidade; 225 € tarifa ordinaria*

Posibilidade de pagos fraccionados (con desconto/ ordinario)

Reserva de praza, do 2 ao 30 de setembro: 90/105

Segundo pago, antes do 21 de outubro: 70/70

Terceiro pago, antes do 21 de novembro: 50/50

Documentación a entregar: 

– Fotocopia do DNI

– Fotocopia título graduado escolar ou equivalente

– Foto de carné

– Resgardo bancario

– Tarxeta de desempregado (de ser o caso)

Toda esta documentación entregarase dixitalmente unha vez confirmada a praza a través de copia escaneada ou fotografía na que se poida ler todo o que o documento contén.

Para preinscribirte, simplemente enche o formulario final cos datos correctos e completo. No prazo máximo de 5 días enviarémosche un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir.

    Título oficial homologado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

    * Non se devolverán os cartos salvo que o curso finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta.