O proxecto Monstros nace cunha dobre función: traballar a xestión emocional e reducir o estigma en saúde mental.
Todos os monstros son creados polas persoas participantes de Xaruma. Hai unha fase de creación, onde cada persoa explora nas emocións e crea a personaxe que desexe, sen filtros, nun xogo de “todo vale”. Tras esa frase, ten lugar o obradoiro artístico, onde os monstros cobran vida para convertirse en bonecos ou peluches. De forma moi coordinada, debuxan, sacan molde, cortan e cosen cada unha das pezas dese monstro para que colla vida.
Proxecto piloto en continua construción, os monstros son infinitos.
Grazas a Seoane Textil pola doazón de catro máquinas de coser e varias teas e fíos para seguir facendo medrar este proxecto. Esta aportación é moi importante para seguir traballando en saúde mental.
Este ano editamos un calendario coas personaxes, queres un? Escríbenos!
Queres ver unha pequena mostra?
As fotografías reais dos monstros son de Sonia Barja. Grazas!