Se tes curiosidade por aprender a usar unha máquina de coser este curso é para ti!! Partindo dun grupo sen coñecementos previos as persoas participantes adquirirán destreza coas máquina de coser e coñecerán os diferentes materiais necesarios para iniciarse na costura nunha única sesión.

OBXECTIVOS:

Adquirir destreza básica coa máquina de coser

DIRIXIDO A:  maiores de 18 anos

DURACIÓN E HORARIO:

Luns día 4 de marzo de 16 a 19 horas

grupo máximo 8 persoas.

LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.

MATERIAIS: Xaruma aportará o costureiro básico, máquinas, os fíos e mobiliario adecuado.

APORTACIÓN: 20 euros

IMPARTIDO por Alba Gómez artesá téxtil titulada pola EMAO de Vigo e con rexistro de obradoiro de Artesanía de Galicia.

Inscríbete no seguinte formulario