Curso de iniciación especial de tecidos elásticos.

Se queres ampliar as tuas destrezas manuais para facer roupa con tecidos elásticos( camiseta, licra…) e coñecer unha forma nova e máis dinámica de coser este é o teu curso! Poderás facer proxectos sinxelos e divertidos!

CONTIDOS

A metodoloxía é por proxectos de costura para ir pouco a pouco adquirindo coñecementos tanto de técnicas, de tecidos e materiais. Un total de 4 sesións repartidas en catro meses ( marzo, abril, maio e xuño).

1ª sesión: Iniciación a costura de tecidos elásticos, tipos de tecido ( licra, jersey), adaptacións na máquina para coselos. Proxecto cinta para o cabelo

2ª sesión: Proxecto camiseta de tirantes

3ª sesión: Técnicas: puños, pescozos e remates en tecidos elásticos. Proxecto sudadoiro manga ranglan

4ª sesión: Proxecto sudadoiro manga ranglan

*se sobra tempo poderán facerse outros proxectos como legin ou braga

DIRIXIDO A:  maiores de 18 anos con coñecementos básicos de uso da máquina

DURACIÓN E HORARIO:

Grupo 1: mércores pola mañá de 10 a 14 hs. Datas: 13 marzo, 3 abril, 22 maio e 12 de xuño

Grupo 2: mércores pola tarde de 16 a 20 hs.Datas: 13 marzo, 3 abril, 22 maio e 12 de xuño

Grupo mínimo de 4 e máximo 8 persoas.

LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.

MATERIAIS: Xaruma aportará o costureiro básico, máquinas, os fíos e mobiliario adecuado. O alumnado terá que traer os tecidos para os proxectos e se prefire a súa propia máquina.

APORTACIÓN: 90 euros (inclúe os materiais para a primeira sesión). Posibilidade de dous pagos de 45 euros cada un ( marzo e abril)

IMPARTIDO por Alba Gómez artesá téxtil titulada pola EMAO de Vigo e con rexistro de obradoiro de Artesanía de Galicia.

Inscríbete no seguinte formulario indicando o grupo!!!