A horta escolar ecolóxica é un recurso educativo cada vez máis necesario no ámbito académico en Galicia. Debemos entendelo como un espazo dentro do centro educativo onde se vai a abordar unha serie de contidos encamiñados a desenvolver as capacidades do alumnado. O gran número de recursos didácticos que permite o traballo ao aire libre, ver como crecen as plantas con axuda da nosa implicación, son razóns máis que suficientes para que nos animemos a incorporar unha horta na escola. E aquí os ofertamos esta oportunidade con este curso:

CURSO DE MONITOR/A DE HORTA ESCOLAR (40 horas)

(Formación teórica e práctica, 32 horas presenciais e 8 horas online)

Os contidos do curso:

BLOQUE 1: A HORTA ECOLÓXICA ESCOLAR, A EDUCACIÓN AMBIENTAL E A ESCOLA. 2 horas

  • Por que facer unha horta escolar?.
  • Que ten que ver a educación ambiental coa horta escolar?.
  • Beneficios da horta escolar.
  • Obxectivos da horta escolar nas distintas etapas escolares.

BLOQUE 2A HORTA ESCOLAR NO APOIO AOS CONTIDOS DO CURRÍCULO. 2 horas

  • Linguas e literatura.
  • Ciencias da natureza.
  • Tecnoloxía.
  • Educación plástica.
  • Informática.
  • Matemáticas.
  • Educación física.
  • Educación artística.
  • Valores sociais e cívicos.

BLOQUE 3: ACTIVIDADES DA HORTA ESCOLAR. 26 horas

  • Deseño da horta.
  • Preparación do terreo.
  • Analizar o chan.
  • Clima.
  • Ferramentas da horta.
  • A rega.
  • Abonado, compostaxe e lombricompostaxe.
  • Acolchados.
  • Protección de cultivos.
  • Planificación e calendario da horta.
  • Rotacións e asociacións.
  • A reprodución das plantas.
  • Semente e plantación.
  • As hortalizas.
  • Prevención de pragas e enfermidades.
  • Elaboración de tratamentos naturais.
  • Elaboración de fichas de cultivo.
  • Recolección.
  • Mantemento da horta.
  • As plantas aromáticas da horta.
  • As árbores froiteiras.
  • A fauna da horta.
  • Flora espontánea da horta.
  • Creación de banco de sementes.
  • Taller de cociña coas hortalizas.
  • Taller de cosmética con plantas medicinais.
  • Mercadiño de troco.

BLOQUE 4: AVALIACIÓN. 2 horas

  • Que avaliamos? Proceso de aprendizaxe do/a alumno/a e do proxecto.
  • Cando avaliaremos? Antes, durante, despois.
  • Quen avalía? O equipo docente e as persoas participantes.
  • Indicadores de resultados, indicadores de éxito e fracaso.

BLOQUE 5: PROXECTO DA HORTA. 8 horas. Online.

  • Modalidade de horta escolar.
  • Metodoloxía e organización.
  • Posta en marcha.
  • Temporalización.                 

DATAS DO CURSO: 

26, 27 de marzo

9, 10, 16, 17, 23 e 24 de abril do 2021.

HORARIO: 

Venres de 16:00 a 20:00 horas.

Sábados de 10:00 a 14:00 horas

LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.

MATERIAIS: O alumnado deberá aportar, roupa e calzado de traballo.

HORAS TOTAIS DO CURSO: 40 horas.

* Este curso está apoiado polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia da Universidade de Vigo. GIEEAH.

APORTACIÓN: Socios/as 85 € , tarifa ordinaria 95 €.

Medidas de prevención

Xaruma conta coas medidas de prevención da COVID-19 necesarias para realizar esta actividade, destacando:

Limpeza e desinfección diaria e frecuente das instalacións.

O material estático utilizado desinfectarase tras cada uso (cadeiras, mesas…) e será usado polas mesmas persoas.

Entregarase documento de normas e medidas de prevención previamente ao inicio do curso.

Para inscribirte só tes que cubrir o formulario que aparece na parte inferior e no prazo máximo de 5 días enviarémosche un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir.