Misión
XARUMA é unha entidade aberta á sociedade e aos medios educativos, do tempo libre e da animación socio cultural.
Pretende crear unha alternativa propia aos modelos convencionais de educación, e no tempo libre por medio da animación socio-cultural. Pretende ofertar orientación e capacitación aos/ás que traballan ou queren facelo na educación, ser un servizo a disposición das entidades públicas e privadas de diversa índole.
Por todo o exposto, queremos ser axentes mediadores buscando a realización disto na práctica, presentamos por iso, un programa educativo para desenvolver no marco de XARUMA que se caracterice por:
1. Busca-la educación integral do individuo, entendendo o individuo tamén como ser social, pretendemos que o suxeito tome conciencia de súa capacidade para formar e formarse a través da animación. Tentamos motiva-las persoas, presentar camiños atractivos que animen para que as persoas desenvolvan as súas capacidades que as leven a saber ser cooperativas, creativas e con iniciativa.
2. Considerar fundamental a volta a unha aprendizaxe da natureza, precisamos da observación e do contacto da mesma que nos leve a un descubrimento do medio ambiente, a unha educación pola paz pero non coma algo paralelo senon que integre a esencia mesma do proceso educativo e vital
3. Enfocar, plantexar e senti-lo tempo libre como un estilo de vida e ofertalo como un ámbeto rico e diverso para o crecemento e realización de calquera persoa que desexe aproveitalo. Ser coma un novo Xaruma no Tempo libre.