A horta escolar ecolóxica é un recurso educativo cada vez máis necesario no ámbito académico en Galicia. Debemos entendelo como un espazo dentro do centro educativo onde se vai a abordar unha serie de contidos encamiñados a desenvolver as capacidades do alumnado. O gran número de recursos didácticos que permite o traballo ao aire libre, ver como crecen as plantas con axuda da nosa implicación, son razóns máis que suficientes para que nos animemos a incorporar unha horta na escola. E aquí os ofertamos esta oportunidade con este curso:

CURSO DE MONITOR/A DE HORTA ESCOLAR (30 horas)

(Formación teórica e práctica)

Os contidos do curso:

BLOQUE 1: A HORTA ECOLÓXICA ESCOLAR, A EDUCACIÓN AMBIENTAL E A ESCOLA. 2 horas

  • Por que facer unha horta escolar?.
  • Que ten que ver a educación ambiental coa horta escolar?.
  • Beneficios da horta escolar.
  • Obxectivos da horta escolar nas distintas etapas escolares.

BLOQUE 2: A HORTA ESCOLAR NO APOIO AOS CONTIDOS DO CURRÍCULO. 2 horas

  • Linguas e literatura.
  • Ciencias da natureza.
  • Tecnoloxía.
  • Educación plástica.
  • Informática.
  • Matemáticas.
  • Educación física.
  • Educación artística.
  • Valores sociais e cívicos.

BLOQUE 3: PROXECTO DA HORTA. 4 horas

  • Modalidade de horta escolar.
  • Metodoloxía e organización.
  • Posta en marcha.
  • Temporalización.                 

BLOQUE 4: ACTIVIDADES DA HORTA ESCOLAR. 20 horas

  • Deseño da horta.
  • Preparación do terreo.
  • Analizar o chan.
  • Clima.
  • Ferramentas da horta.
  • A rega.
  • Abonado, compostaxe e lombricompostaxe.
  • Acolchados.
  • Protección de cultivos.
  • Planificación e calendario da horta.
  • Rotacións e asociacións.
  • A reprodución das plantas.
  • Semente e plantación.
  • As hortalizas.
  • Prevención de pragas e enfermidades.
  • Elaboración de tratamentos naturais.
  • Elaboración de fichas de cultivo.
  • Recolección.
  • Mantemento da horta.
  • As plantas aromáticas da horta.
  • As árbores froiteiras.
  • A fauna da horta.
  • Flora espontánea da horta.
  • Creación de banco de sementes.
  • Taller de cociña coas hortalizas.
  • Taller de cosmética con plantas medicinais.
  • Mercadiño de troco.

BLOQUE 5: AVALIACIÓN. 2 horas

  • Que avaliamos? Proceso de aprendizaxe do alumno e do proxecto.
  • Cando avaliaremos? Antes, durante, despois.
  • Quen avalía? O equipo docente e as persoas participantes.
  • Indicadores de resultados, indicadores de éxito e fracaso.

DURACIÓN DO CURSO: Do 20 de xullo de 2020 ao 30 de xullo de 2020.

HORARIO: Luns, martes, mércores e xoves de 10:00 a 14:00 horas.

LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.

MATERIAIS: O alumnado deberá aportar luvas, roupa e calzado de traballo.

HORAS TOTAIS DO CURSO: 30 horas

APORTACIÓN: socios 75€ e non socios 85€

Para inscribirte só tes que cubrir o formulario que aparece na parte inferior e nos próximos días recibirás unha mensaxe de confirmación co número de conta para facer o pago no prazo de 3 días laborais.

Medidas de prevención

Xaruma conta coas medidas de prevención do COVID-19 necesarias para realizar esta actividade, destacando:

Grupo máximo 10 persoas.

Limpeza e desinfección diaria e frecuente das instalacións.

O material estático utilizado desinfectarase tras cada uso (cadeiras, mesas…) e será usado polas mesmas persoas.

Entregarase documento de normas e medidas de prevención previamente ao inicio do curso.