Obradoiro práctico para o apoderamento persoal e doméstico
Incrementar a autonomía das persoas é unha cuestión fundamental para que poidan ser o máis libres e independentes posibles. A autonomía é a capacidade para realizar as actividades que se nos presentan no noso cotiá, para resolver diferentes cuestións e solucionar os conflictos por nós mesmas, utilizando as nosas habilidades e as estratexias aprendidas ao longo dos anos.
O obxectivo deste obradoiro é proporcionar as ferramentas necesarias para que cada persoa se sinta capaz de xestionar a súa vida persoal e o seu fogar de maneira independente, potenciando así a súa autoconfianza e o benestar. Deste xeito, contribúese a unha mellora na calidade de vida.
Por este motivo, este ano sumamos unha nova actividade en Xaruma e no proxecto de Fiares; traballar as habilidades básicas da vida diaria e o apoderamento persoal e doméstico en pequenos grupos.
- Cando?
Un venres de cada mes de 17:00h a 18:00h
- Onde?
No piso da Asociación Xaruma
- Como?
Sesións en grupo reducido para garantir un ambiente próximo e personalizado
- Prezo?
Sen custe
Para máis información podes chamar ao 698 142 158 ou escribir unha mensaxe ao correo autonomiaxaruma@gmail.com


















