O feminismo será interseccional ou non será.
Este obradoiro nace para fomentar o desenvolvemento dunha ollada crítica cara as representacións culturais de xénero, proporcionando ferramentas para detectar situacións de desigualdade e vulneración dos dereitos. O principal obxectivo é que as participantes desenvolvan un proxecto vital propio dende a autonomía e liberdade, sen condicionantes de xénero.
Destinado a mulleres participantes de Xaruma, levarase a cabo todos os luns de setembro de 17 a 19 horas (6, 13, 20 e 27 de setembro).
Afondaremos nos seguintes contidos:
Módulo 1. Introdución
- Introdución a conceptos básicos do enfoque de xénero.
- Deconstruíndo a feminidade e a masculinidade tradicionais.
- Mulleres nos medios de comunicación: canon estético, hipersexualización e cousificación.
Módulo 2. Bo trato
- Marco de desigualdade (fenda laboral e salarial de xénero,desigualdade no uso do tempo, segregación por xénero, etc.)
- Machismo no cotiá e interseccionalidade
- Violencia de xénero e bo trato
Módulo 3. Os coidados
- Autocoidado
- Redes de coidado.
Módulo 4. Conclusións.
- Avaliación grupal
- Peche do obradoiro
Impartido por Priscila Retamozo Ramos e Amara Pérez Davila.
O territorio e o corpo das mulleres son o campo de batalla e de resistencia. A nosa prioridade é poñer no centro a vida, non só a nosa, senón as dunha humanidade que naufraga.
Yayo Herrero
Formación sen custe para as persoas participantes. Actividade subvencionada pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.