Histórico de Fondos Públicos Escola

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, do fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá a través do proxecto ECOÑECE. Este proxecto pretende dar unha resposta á inserción laboral e formación social a través do coñecemento e da formación medioambiental ao mesmo tempo que se promove a participación nestas actividades de colectivos desfavorecidos e se intervén na educación de nenos e nenas, coa finalidade de construír un mundo máis sostible.

Coñece o Xacobeo é un proxecto beneficiario do Programa O Teu Xacobeo subvencionado pola Xunta de Galicia, para fomentar un coñecemento e potenciación do Camiño de Santiago Portugués pola Costa a partir de actividades de dinamización sociocultural e medioambiental, sensibilizar e educar nunha maior conciencia medioambiental que fomente hábitos saudables de consumo e de convivencia e potenciar a integración de todas as persoas na comunidade a través da formación, especialización e de actividades de ocio saudable.