Histórico Fondos Públicos
Fondos públicos 2020
O Concello de Vigo contribuiu no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego desta asociación, reforzando así a capacidade de autoorganización e posibilitando o fortalecemento do tecido social e a promoción da calidade de vida e benestar social da cidadanía grazas ao proxecto Mentalízate, que promove a participación activa de todas as persoas na sociedade ao mesmo tempo que se fomenta a inserción prelaboral e sociolaboral.
O proxecto Roteiros prelaborais pretende potenciar a autonomía e favorecer hábitos prelaborais no sector da agricultura, da xardinería e da limpeza, para a integración na comunidade de persoas con discapacidade, sensibilizando para o encontro social e a promoción da saúde.
Este proxecto formativo e de asesoramento está cofinanciadas nun 80% con fondos FSE do Programa operativo FSE Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 09 “promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”, prioridade de investimento 9.1: “A inclusión activa, tamén con vistas a promover a igualdade de oportunidades, así como a participación activa e a mellora da posibilidade de atopar un emprego”, obxectivo específico 9.1.1.: “Mellorar a inserción socio-laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción”, liña de actuación 115: “Asesoramento e formación para persoas con discapacidade”. Máis información sobre “Roteiros prelaborais”.
O inverno no Camiño é un proxecto beneficiario do Programa O Teu Xacobeo subvencionado pola Xunta de Galicia, para promover a dinamización social en Galicia a través da temática “Xacobeo 2021”.
Nel levaremos a cabo: (1) Programa de radio sobre o Camiño de Santiago”. (2) Obradoiro de hábitos saudables no camiño. (3) Fin de semana no camiño en Vila de Cruces.
Naturalmente é un proxecto nado no 2011 que pretende traballar e fomentar a autonomía das persoas con trastornos mentais facendo especial fincapé na intervención co medioambiente.
Esta iniciativa está financiada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, enmarcada dentro da subvención de Programas de Cooperación para a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (TR352C 2019). A través desta liña, contratamos a unha monitora de actividades de tempo libre e unha educadora de apoio.
Por un lado, este proxecto pretende atender as demandas de usuarios e usuarias, promovendo a integración e o desenvolvemento integral das persoas con trastornos mentais na sociedade, aportando as habilidades necesarias para poder levar a cabo unha vida máis autónoma de cara a súa vida en comunidade, tanto para as persoas que directamente teñen enfermidade mental, como para as súa familia máis cercana, que na maioría dos casos exercen de familia coidadora. Ademais, tamén contempla a esfera medioambiental a través de actividades relacionadas co medio, como o mantemento e posta en marcha dunha horta e dun viveiro.
Por outro lado, tamén pretende mellorar a empregabilidade e a inserción profesional de persoas non ocupadas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. Este obxectivo conséguese mediante a colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia cofinanciada polo Fondo Social Europeo a través dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito do programa operativo de emprego xuvenil na Comunidade autónoma de Galicia. Espérase mellorar as competencias profesionais de persoas xoves e/ou que acceden ao seu primeiro emprego, aportar experiencia laboral para a permanencia no mercado de traballo e crear profesionais sociais.
O obxetivo xeral do proxecto é potenciar a autonomía e favorecer hábitos prelaborais para a integración na comunidade de persoas con discapacidade a través de actividades rehabilitadoras e medioambientais de interese social, promovendo ao mesmo tempo a participación cidadá e unha formación medioambiental e social que sensibilice para o encontro social e a promoción da saúde.
Os resultados esperados son os seguintes:
1. As persoas con enfermidade mental ven aumentadas as súas habilidades e capacidades para levar unha vida autónoma.
2. A cidadanía entende a importancia do medioambiente na mellor saúde mental da sociedade.
3. As persoas con enfermidade mental son capaces de levar a cabo unha horta ecolóxica.
4. As persoas con enfermidade mental aumentan as súas habilidades sociais e o seu ocio de cara á vida en sociedade.
5. Cativos e cativas entenden a importancia do coidado medioambiental.
6. A sociedade participa nas actividades formativas e de animación propostas.
7. As persoas contratadas adquiren a formación, experiencia e destrezas necesarias para sentirse capaces de dirixir proxectos e iniciativas.
PROXECTOS FINANCIADOS NO 2019
O proxecto Vida Autónoma pretende potenciar a autonomía e favorecer hábitos prelaborais para a integración na comunidade de persoas con discapacidade, sensibilizando para o encontro social e a promoción da saúde. Consta dunha formación de 75 horas de duración entre o 14 de xaneiro e o 28 de xuño onde se beneficiarán 15 persoas. Este proxecto está subvencionado pola Consellería de Política Social e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020. Máis información sobre “Vida Autónoma”.
O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá a través do proxecto Mentalízate, que promove a participación activa de todas e todos na sociedade, ao mesmo tempo que se fomenta a inserción prelaboral e sociolaboral.
Voluntariado sénior financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Mediante o proxecto Mentalízate, 8 voluntarias/os maiores de 55 anos realizan actividades en prol da saúde mental e da participación.
Forma Parte nace da ilusión das persoas que, altruistamente, dedican o seu tempo ao benestar dos demais, e, ao mesmo tempo, a si mesmas. Forma Parte é a base das entidades, o inicio dos proxectos, das ideas e dio cambio. no 2019 comezamos a intervir directamente tamén na igualdade de xénero, para evitar micromachismos e actitudes que se baseen no trato igualitario de todas as persoas.
PROXECTOS FINANCIADOS NO 2018
Cursos de formación, na procura dunha capacitación persoal e prelaboral.
Mentalízate é un proxecto que promove a participación activa de todas e todos na sociedade, ao mesmo tempo que se fomenta a inserción prelaboral e sociolaboral.
Forma Parte nace da ilusión das persoas que, altruistamente, dedican o seu tempo ao benestar dos demais, e, ao mesmo tempo, a si mesmas. Forma Parte é a base das entidades, o inicio dos proxectos, das ideas e dio cambio.