UN ESPAZO PARA COMPARTIR E APRENDER

Iniciamos grupo de coidados en Santiago de Compostela.
Trátase dun espazo seguro destinado a favorecer o intercambio de experiencias, desafíos e inquedanzas da vida cotiá, así como a posta en común de estratexias para a afrontación de diversas situacións. Este espazo facilita a expresión emocional nun clima exento de xuízos e promove a creación dunha rede de apoio entre as persoas participantes.

A actividade terá carácter mensual e desenvolverase de maneira continuada ao longo do curso, estando dirixida a persoas adultas que exercen labores de coidado doutras persoas.

CALENDARIO DE ACTIVIDADES 1º SEMESTRE

  • Lugar: CSC José Saramago – Vite (Carlos Maside, 7 – VITE, SANTIAGO DE COMPOSTELA)
    • Líneas de autobús: C2, C4 e 5
  • Data: primeira sesión xoves 29 de xaneiro
  • Horario: de 17:00h ás 18:30h
  • Público destinatario: persoas que coidan (previa inscrición)
  • Coste: de balde

Para facer a inscrición cubre o seguinte formulario: