Formando: Saberes do Voluntariado” pretende establecer un programa formativo para o voluntariado, coa finalidade de mellorar a súa labor voluntaria e adquirir novas destrezas, habilidades e coñecementos que favorezan o dinamismo da sociedade. Para elo, plantexamos dous tipos de formación: básica e especializada. Esta última, á súa vez, agrúpase en catro subgrupos.

FORMACIÓN BÁSICA

Curso en liña e/ou presencial de voluntariado: Nel estableceranse as bases do voluntariado (historia, lexislación, obrigas, deberes…). Como vai enfocado principalmente ás persoas que realizarán voluntariado na entidade, tamén haberá un módulo sobre a entidade, forma de traballar, proxectos…

FORMACIÓN DE ESPECIALIZACIÓN

1.PROGRAMA DE FORMACIÓN MEDIOAMBIENTAL

Curso de Agricultura Ecolóxica: A horta é un lugar de aprendizaxe, de lecer, de encontro, de convivencia. Formarse en como é o funcionamento da mesma, lévanos a impartir este curso para dotar de ferramentas ao voluntaria/o.

Curso de Conservas Naturais: Os produtos que recollemos da horta, podémolos conservar para ir abastecéndonos ao longo do ano. Neste curso ensinaremos as técnicas de conservación de alimentos.

Curso de Monitor/a Horta Escolar: A horta escolar ecolóxica é un recurso educativo cada vez máis necesario no ámbito académico en Galicia. Debemos entendelo coma un espazo dentro do centro educativo onde se vai a abordar unha serie de contados encamiñados a desenvolver as capacidades do alumnado. O gran número de recursos didácticos que permite o traballo ao aire libre ou ver como medren as plantas con axuda da nosa implicación, son razón máis que suficientes para que nos animemos a incorporar unha horta na escola. Temos especial intención de que as ANPA’S se podan beneficiar desta formación, para poder implantar as hortas nos centros a través do voluntariado das familias.

2.PROGRAMA DE FORMACIÓN EN BENESTAR

Obradoiro de Mindfulness: claves para unha consciencia plena Técnicas para descubrir a consciencia plena ou atención plena dunha mesma; a actitude de prestar atención aos acontecementos da vida de forma especial.

Obradoiro de Autocoidados: autoestima e autoconcepto, habilidades comunicativas e sociais

Promover o autocoñecemento e tomando consciencia da nosa mente e corpo; adquirir ferramentas para unha adecuada educación e xestión emocional.

3. PROGRAMA DE FORMACIÓN PARTICIPATIVA

Accións formativas sobre Saúde Mental

Traballaremos sobre o estigma en saúde mental; prevención do suicidio; o trastorno esquizoafectivo; a esquizofrenia; a depresión e a saúde mental fronte o proceso de confinamento e desescalada provocado pola COVID-19.

Accións formativas sobre Igualdade de Xénero

Un dos obxectivos prioritarios do Observatorio Galego de Acción Voluntaria. Empregando ferramenta como as artes escénicas, a lectura de contos e diversas dinámicas,desenvolveranse dous obradoiros:

Obradoiro de Igualdade de Oportunidades entre as persoas.Obradoiro de Coeducación Integral. Accións formativas sobre novas tecnoloxías: móbil, tablet e pc.

Acción que pretende dotar e aportar coñecementos útiles sobre as NNTT, tendo en conta a importancia que teñen na actualidade tanto por seren ferramentas rutineiras na sociedade como pola situación actual provocada pola COVID-19. Grazas a estas accións, favorécese a comunicación e se fomenta un maior acceso ás persoas. Ademais, é un obxectivo prioritario da Estratexia de Inclusión de Galicia.

4. PROGRAMAS DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TEMPO LIBRE. FORMACIÓN BAIXO AS NORMAS DO DECRETO 50/2000. Curso de Monitorado de Actividades de Tempo Libre

A base para o dinamismo da sociedade e a intervención entre persoas é ser monitor/a de actividades de tempo libre. Con este título se poden desenvolver innumerables proxectos de voluntariado, ademais de seres o único acceso posible para ser director/a de actividades de tempo libre e, nun nivel superior, director/a de campos de traballo. Tamén aporta as habilidades, capacidades e técnicas necesarias para poder desenvolver o traballo con persoas e/ou coa contorna.