Proxecto de formación sobre igualdade de xénero, recursos, interseccionalidade, corresponsabilidade e outras ferramentas para combater as desigualdades de xénero.
Orientado para mulleres con diagnóstico en saúde mental enmarcado dentro do proxecto “Voces moradas“.
As mulleres con problemas de saúde mental enfróntase a unha dobre discriminación, polo mero feito de ser mulleres e polo estigma social da súa enfermidade, isto, leva consigo, unha situación de especial vulnerabilidade para elas.
Por iso, consideramos fundamental realizar actividades de formación en igualdade de xénero coas mulleres que presenten algún trastorno mental, onde se fomente o autocoidado, o apoderamento e outras ferramentas de vital importancia para o seu propio desenvolvemento persoal e social.
A metodoloxía é participativa e inclusiva, onde prime un ambiente íntimo e de confianza, seguindo sempre os seus propios ritmos e as súas necesidades.
PROGRAMA E DATAS:
Bloque I: Aproximación á igualdade de xénero e á interseccionalidade.
Este bloque será unha introdución, afianzando os conceptos básicos. Falaremos de igualdade, da diferencia entre sexo-xénero, patriarcado, machismo, feminismos, violencias e interseccionalidade. Realizarase a través de formación teórica e dinámicas grupais, onde se promoverá a participación activa.
Mércores 16 de outubro Xoves 17 de outubro
Mércores 23 de outubro Xoves 24 de outubro
Mércores 30 de outubro Xoves 31 de outubro
Bloque II: Roles e estereotipos de xénero.
Neste apartado, é de vital importancia identificar os roles socialmente asinados a homes e mulleres, así como os estereotipos que existen na sociedade na que vivimos. Dende unha forma moi práctica e visual, farase un análise deles para poder erradicalos.
Mércores 6 de novembro Xoves 7 de novembro
Mércores 13 de novembro Xoves 14 de novembro
Bloque III: Violencia de xénero e recursos dispoñibles
Na actualidade, a violencia de xénero está máis presente do que nos gustaría, polo que consideramos fundamental poñer o foco sobre esta situación de violencia que se agrava cando falamos de mulleres con trastornos mentais. Farase a través de actividades para coñecer as dimensións que ten a violencia de xénero, así como os recursos dispoñibles para as mulleres. Tamén, cómpre fomentar a unión entre mulleres, é dicir, a sororidade, para iso, vaise preparar todo o necesario para a manifestación do 25 de novembro.
Mércores 20 de novembro Xoves 21 de novembro
Luns 25 de novembro Mércores 27 de novembro
Xoves 28 de novembro
Bloque IV: Apoderamento feminino
As mulleres que sofren problemas de saúde mental enfróntanse ao seu propio xuízo, onde interiorizan e asumen os prexuízos sociais, creando así unha percepción negativa deles mesmas e unha autoestima negativa. Considérase relevante fomentar e traballar en aspectos tales como a autoconfianza, os autocoidados ou o autocoñecemento.
Mércores 4 de decembro Xoves 5 de decembro
Bloque V: Saúde das mulleres e educación afectivo-sexual
Resulta para a meirande parte da sociedade un tabú falar de educación afectivo-sexual das mulleres con trastornos mentais, pero esta resulta de gran importancia para que se coñezan, coñezan o seu corpo e para fortalecer a creación de relacións satisfactorias e saudables.
Xoves 19 de decembro Xoves 26 de decembro
Saídas
Mércores 30 de outubro, Luns 25 de novembro, Venres 20 de decembro.
*As datas poden sufrir modificacións.
Titorías
O Venres 15, 22 e 29 de novembro de 11:00-14:00h e o venres 20 de decembro de 11:00-14:00h.
HORARIO, DURACIÓN E LUGAR:
Do 16 de outubro o 26 de decembro do 2024
O curso ten un total de 72 horas de formación distribuídas en :
19 sesións de 3 horas de duración os mércores e xoves de 17:00 a 20:00 h (un total de 60 horas)
4 titorías venres pola mañá de 11:00 a 14:00h, segundo cita (un total de 12 horas)
Local Xaruma. Sanjurjo Badía Nº79 (Teis, Vigo)
PREZO:
Sen custe.
INSCRIPCIÓN E REQUISITOS:
As prazas son limitadas por cuestión de aforo.
As persoas destinataria son mulleres con trastornos mentais, polo que os requisitos de acceso serán:
- Ter un trastorno mental diagnosticado.
- Ter un cadro clínico estable e adherencia ao tratamento.
- Ter máis de 18 anos.
Con entrevista inicial de valoración para ingresar no curso.
Para inscribirte debes chamar ao teléfono 698 142 158, enviar un correo electrónico a formacionxaruma@gmail.com ou no seguinte formulario: