1 de cada 3 nenos, nenas ou adolescentes sofre algún tipo ou varios de violencia infantil, cos consecuentes danos tan terribles que causan no seu desenvolvemento. Logo entendemos, que tódalxs profesionais que traballan no eido da infancia teñen que dispor da información e ferramentas oportunas para poder previr, detectar e notificar (como así o indica a lei) debidamente a violencia infantil.

Lanzamos nova formación en colaboración coa Xunta de Galicia e a Asociación Amino Galicia, en relación á nova Lei de protección integral á infancia e á adolescencia fronte a violencia do 9 de xuño de 2020, (Cap. IX ,referido o deporte e o lecer e tempo libre). Esta Lei considera axentes de protección aos profesionais do eido deportivo e de lecer, por elo, a Xunta de Galicia pon nas vosas mans esta ferramenta de protección para o cumprimento de dita Lei a todos os profesionais de ditos campos.

Datas: 18 e 25 de abril de 18 a 20 horas (4 horas de formación)

Aportación: gratuita para as persoas participantes.

Modalide en liña. Enviaranse os enlaces o día antes ás persoas inscritas.

Persoas destinatarias: alumnado, voluntariado e persoal da Escola de Tempo Libre Xaruma. Queres acceder e non pertences a Xaruma? Podes asociarte e pertencer á nosa familia (tan só 5 € para toda a vida).

Sesión 1, 18 de abril de 18 a 20h (2 horas):

  1. Lexislación (LOPIVI)
  2. Violencia contra a infancia (Definición, clasificación, falsos mitos, consecuencias da violencia…)
  3. Tipos de violencia na infancia (Física, psicolóxica, neglixencia, entre iguais, nas TRIC, sexual…)
  4. Como detectar. Indicadores (xerais e específicos)

Sesión 2, 25 de abril de 18 a 20h (2 horas):

  1. Actores
  2. Como actuar
  3. Como previr
  4. Como notificar

Para acceder, por favor, inscríbete no seguinte formulario. O día antes da formación recibirás un correo cos enlaces de acceso:

    Rógase compromiso coa asistencia ao curso. Grazas.