Proxecto de Intervención Familiar no eido da Saúde Mental

Como ben sabedes, neste caótico ano 2020, tanto a saúde física como a saúde mental víronse notoriamente afectadas.

En Xaruma, xa levabamos tempo argallando ideas neste senso (máis centralizadas no apoio e na xestión emocional) e, tras o impacto da COVID-19, vimos a oportunidade e a posibilidade ideal de crear FIARES; un proxecto pensado para previr dito impacto e para minimizar os seus estragos nas persoas participantes da asociación, especialmente nas FAMILIAS.

Si, aquí entrades vós! As persoas protagonistas seredes aquelas persoas que adoptades o rol de coidadoras, para que non esquezades a vosa esencia nin o voso papel coma mulleres e coma homes nesta sociedade.

Por todo isto, creáronse diversos espazos:

Espazo Nós Mesmas

E. Adestra a túa Mente

Espazo Novas Tecnoloxías

Atencións Individualizadas e Acompañamentos

Teleasistencia. Traballando dende casa

Podedes saber máis deles en PROXECTOS, desprazándovos ao apartado de FIARES.

A que esperades para participar? Poñédevos en contacto connosco para informarvos!!

  • Formas de inscrición: chamando ou mandando un WhatsApp ao 698 142 158 ou ben escribindo un correo electrónico a infoxaruma@gmail.com