
Creamos vínculos entre as persoas coidadoras para poder expresar as súas dúbidas ou inquedanzas e poder poñer en común experiencias vitais.
Un espazo de escoita activa e sen xuízo, que asenta habilidades prácticas para a vida diaria.
Coidarse é esencial para poder coidar.
Atención individualizada para mellorar a capacidade de interacción social, reducir o illamento non desexado e aumentar o benestar emocional integral.


Damos apoio para realizar xestións e trámites, especialmente aqueles relacionadas coa saúde mental e a dependencia, adaptándonos ás necesidades de cada persoa para facilitarlle o acceso aos seus dereitos e recursos.
Desenvolvemos sesións formativas dirixidas ás profesionais do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Sober para informalas, sensibilizalas e darlle ferramentas prácticas sobre saúde mental, coidados e identificación de necesidades.
Apostamos por un modelo vivencial e participativo que combina a aprendizaxe teórica con dinámicas orientadas a fomentar o vínculo, a reflexión conxunta e a creación de redes de apoio.

Construír comunidade é crear unha rede de confianza onde coidarnos, medrar xuntas e sentir que pertencemos.
“Se non te coidas a ti mesma, quen o fará?” -Virginia Woolf
Se estás interesada/o ou queres máis información, podes chamar ao número 698 142 158, ou ben, mandar un correo electrónico a autonomiaxaruma@gmail.com


















