

Espazo Nós Mesmas, adicado á reflexión e á atención integral como persoas, principalmente, coma mulleres.
Espazo Ocio Saudable, pensado para mellorar o rendemento e a eficacia no funcionamento das capacidades cognitivas, reforzando a propia autonomía e independencia.


Espazo en Familia, destinado a crear vínculos e redes de apoio entre as familias participantes, no que poder expresar dúbidas ou inquedanzas e poder poñer en común experiencias vitais.
Atención individualizada e acompañamentos no fogar e labor de teleasistencia e apoio en xestións administrativas.


Formación nos Coidados, espazo nos que se ofrecen formacións diversas para o autocoidado das persoas coidadoras.
“O máis revolucionario que unha persoa pode facer é dicir sempre en voz alta o que realmente está a ocorrer”.
Rosa LUXEMBURGO
Se estás interesada/o ou queres máis información, podes chamar ao número 986 127 949 ou ao 698 142 158, ou ben, mandar un correo electrónico a infoxaruma@gmail.com


















