Nun momento no que a educación en igualdade (coeducación) e o ecoloxismo camiñan da man, collendo especial importancia para transformar unha realidade social complexa, aproveitaremos este mes para falar coas nenas, nenos e adolescentes sobre a historia do 8M, as súas reivindicacións históricas e os seus desafíos actuais.
A través dun obradoiro de escritura creativa e gravación de poemas de escritoras ao longo da xeografía, vivenciaremos distintos paradigmas e viaxaremos ao pasado, presente e futuro para comprender a importancia destes movementos e coller conciencia deles.
A sesión dividirase en catro actividades:
1. Lectura grupal e gravación de fragmentos de textos e poemas de autoras relevantes.
2. Creación e gravación dun pequeno poema ou texto individual.
4. Entrevista grupal. Aprendemos a crear debate e diálogo radiofónico.
A actividade está destinada a educar en valores en relación a estas temáticas e a activar o traballo en equipo dende unha experiencia artística, rescatando e potenciando actitudes solidarias de igualdade, respecto e tolerancia entre compañeiras e compañeiros e o medio que nos rodea.
Grupos: Educación Primaria, E.S.O e Bacharelato
Número de participantes: Máximo 25
Duración: 50 minutos
(*) Preferiblemente celebraremos este obradoiro en febreiro por dous motivos: para sensibilizar sobre a idea de que “O día da muller” é todo o ano, non só en marzo, e para poder editar con tempo o material e subilo a Páxina Web do Centro Escolar, o propio 8 de marzo coma homenaxe.
Se queres máis información podes enviarnos unha mensaxe o correo electrónico de Radio Maruxa