LOCALIZACIÓN: Rúa República Arxentina. Santiago de Compostela
Obxectivos:
- Aprender e mellorar as habilidades comunicativas a través de técnicas de resolución de conflitos e dinámicas.
- Ofrecer un espazo de diálogo e expresións de emocións .
- Mellorar a relación convivencial entre as persoas residentes
Descrición da actividades:
O taller levarase a cabo na propia vivenda ou no seu defecto no local da Asociación xa que é un espazo que as persoas coñecen e na que poden sentirse cómodas. O meu rol será o de facilitadora, traballando previamente conceptos como a escoita activa ou explicando terminoloxía básica de resolución de conflictos e habilidades comunicativas, apoiándome en recursos como a dinámica do teléfono estropeado ou o roleplaying para ilustrar situacións. Posteriormente abordaranse os conflictos e temas de interese do grupo a través dun diálogo aberto e basado na escoita activa no que se estableceran quendas de palabra para que todas as partes poidan expresarse, escoitarse e chegar a acordos comúns. Para finalizar, recolleranse os acordos comúns por escrito e pecharemos o taller compartindo as aprendizaxes adquiridas e valorando o que foi para cada persoa a sesión.
Estas actividades están recollidas dentro do proxecto naturalmente.