Canta arte quedan ás veces entre catro paredes… Este non será o ano, pois queremos convidarnos á exposición “Habitando o invisíbel” que terá lugar o 5 ao 21 de febreiro no café bar UF Negra Sombra.
Nesta exposición faremos un paseo polas diferentes técnicas artísticas coas que traballamos durante o 2021 e que quedan recompiladas no fanzine que alí poderedes conseguir. Cada unha das follas expresa algo e, en cada unha das creacións, hai un sentimento, unha emoción.

Tamén veredes o resultado do taller de comic, da man de Comic Vigo e o debuxante Iago Araújo; do obradoiro Crearte, coa colaboración do voluntariado de Belas Artes Belén e Iván; e do taller artístico de texturas dos venres, do que saíu o calendario 2022.

Convidámosvos a que nos acompañedes o día 5 de febreiro ás 19.00 na inauguración ou a que vos pasedes ata o 21 de febreiro a ver a exposición acompañad@s dun café.
Café Bar UF Negra Sombra. Rúa Pracer 19. Aberto de domingo a xoves de 17.30 h. a 23.00 h. e venres e sábados de 17.30h. a 1.00h.
Esperámoste!