Este ano estamos de celebración! Cumprimos 30 anos e queremos compartir esta data tan especial con todas as persoas que formaron e forman parte da nosa historia.
Son 30 anos de experiencias, aprendizaxes, formación e moitos momento compartidos. E que mellor maneira de celebralo que reuníndonos para desfrutar dunha xornada che a de diversión!
Preparamos unha celebración moi especial na que non faltarán:
- Grandes xogos e retos por equipos.
- Moita música.
- Diversión.
- Moitas ganas de reencontrarnos e celebrar estes 30 anos!
TOMA NOTA E VEN CELEBRALO CONNOSCO!
- Data: 28 de novembro de 2026.
- Hora: 17:00 a 19:00h.
- Lugar: Rúa Conde Torrecedeira 66, Vigo
- Actividade Gratuíta
- Inscrición: é necesario cubrir o seguinte formulario:
Tanto se formas parte da familia Xaruma na actualidade como se nalgún momento compartiches esta aventura connosco, queremos que sexas parte desta celebración.
Agardámoste para celebrar estes 30 anos de historia, experiencias e momentos compartidos. Porque 30 anos non se cumpren todos os días… e queremos celebralos contigo.


















