Se queres coñecer as técnicas de estampación artesanais, fomentar a creatividade, as tuas destrezas manuais e facer unha actividade en familia .Desenvolveremos un pequeno proxecto de estampación en dous formatos, papel e tecido
- Serigrafía
- block printing ou sellos
- Stencil
- Estarcido
- Técnicas caseiras
DIRIXIDO A: Familias ( crianzas acompañadas dunha persoa adulta)
DURACIÓN E HORARIO : 3 horas . Venres 28 de Maio de 17:00 a 20:00 hs
LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.
MATERIAIS: Todos os materiais incluídos . Tes que traer camisetas ou ropa que queiras estampar
APORTACIÓN: 7 euros por persoa
IMPARTIDO por Alba Gómez artesá téxtil titulada pola EMAO de Vigo e con rexistro de obradoiro de Artesanía de Galicia
Medidas de prevención:
Xaruma conta coas medidas de prevención da COVID-19 necesarias para realizar esta actividade, destacando:Limpeza e desinfección diaria e frecuente das instalacións.
O material estático utilizado desinfectarase tras cada uso (cadeiras, mesas…) e será usado polas mesmas persoas.
Inscríbete no seguinte formulario