
Consciencia e Coidado Emocional: Coidándome é unha proposta formativa para mulleres coidadoras, que ofrece un espazo de encontro e crecemento privado orientado ao benestar emocional.
O programa propón ás mulleres unha pausa: deterse e observar como se relacionan consigo mesmas no día a día, especialmente en momentos de cansazo ou sobrecarga emocional. Céntrase en fomentar unha relación máis consciente, respectuosa e amable con elas mesmas, favorecendo a escoita, a calma interior, o descanso e a claridade.
A finalidade deste espazo é ofrecer ás mulleres coidadoras un acompañamento educativo orientado a promover a súa consciencia emocional, fortalecendo o seu equilibrio interior e favorecendo unha relación máis amable e consciente consigo mesmas.
Contidos:
- Escoita e autocoidado
- A calma como forma de benestar
- O descanso e a enerxía vital
- Recoñecer o que me fai ben
- Aprender a dicir si e non dende o respecto
- A tenrura cunha mesma
- A atención ao presente
- O coidado compartido
- A alegría tranquila
- Coidarme para seguir crecendo
Se cres que esta actividade pode encaixar contigo, podes probar unha sesión e se sigues interesada consultar o seu coste.


















