Na asociación Xaruma, levamos dende o 2010 traballando con persoas con trastornos mentais e as súas familias.

Ademais da intervención diaria onde, as persoas participantes da entidade son as protagonistas, cómpre tamén elaborar plans de accións con aquelas persoas coidadoras coma nais, pais, irmás, fillas… que están en primeira liña, para darlles voz e para ofertarlles un lugar que tanto merecen e precisan.

Dentro dos factores que compoñen e que inflúen nunha persoa coma ser individual, o núcleo familiar cobra un papel esencial debido a ser un potente axente de cambio e rehabilitador. Por este motivo, é de vital interese tecer unha rede de apoio e coidar e facilitar un entorno de acougo.

Este espazo pensado e creado para vós, familias, pretende ser un lugar de asesoramento e información, un servizo de orientación e un apoio en canto a xestión emocional e o autocoidado, rachando cos sentimentos e emocións contraditorias que se poidan sentir en determinadas situacións e dotando das ferramentas necesarias para un maior benestar.

Proxectos e espazos creados:

Proxecto FIARES
PROXECTO FIARES

OBRADOIRO DE CONSCIENCIA E COIDADO EMOCIONAL

“O máis revolucionario que unha persoa pode facer é dicir sempre en voz alta o que realmente está a ocorrer”.

Rosa LUXEMBURGO

Se estás interesada/o ou queres máis información, podes chamar ao número 986 127 949 ou ao 698 142 158, ou ben, mandar un correo electrónico a infoxaruma@gmail.com