Damos a benvida a un novo espazo na Asociación Xaruma!!! Despois de dous anos de formación de alumnado na arte da costura abrimos un lugar onde desenvolver a tua creatividade dunha forma mais fluída, o teu ritmo, aínda que seguiremos traballando por proxectos e adquirindo coñecementos técnicos e teóricos. Este grupo está aberto tanto para alumnado xa avanzado dos anteriores cursos de costura de Xaruma como para persoas externas que queiran xuntarse para traballar e pasar un rato divertido, sempre que teñan coñecementos previos.

*As datas e os proxectos poderían sufrir modificacións*

DIRIXIDO A:  maiores de 18 anos con coñecementos previos

DURACIÓN E HORARIO:

Grupo MÉRCORES TARDE

Primeiro trimestre: Mércores de 16:15 a 20:00 hs. Datas 4 e 25 de outubro, 8 e 15 de novembro, 13 e 20 de decembro.

Segundo trimestre: Mércores de 16:15 a 20:00 hs. Datas 10, 17 (clase recuperación 1 trim) e 24 xaneiro. 7 e 21 de febreiro, 6 e 20 de marzo.

Terceiro trimestre: Martes de 16:15 a 20:00. Datas 3 e 16 de abril, 14 e 28 de maio e 11 e 18 de xuño

TITORÍAS: Primeiro trimentre 2 novembro e 5 de decembro. Segundo trimestre 28 febreiro e 12 de marzo. Tercer trimestre 21 maio e 4 de xuño ( pendentes de confirmar)

2 sesións ao mes de 3,75 horas cada unha. Total curso anual 18 sesións. Inclúe dúas sesións de titoría cada trimestre, temario por escrito, vídeos explicativos e un grupo de WhatsApp para dúbidas.

Máximo 6/7 persoas por grupo.

LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.

MATERIAIS: Xaruma aportará o costureiro básico, máquinas, os fíos e mobiliario adecuado. O alumnado terá que traer os tecidos para os proxectos e se prefire a súa propia máquina.

APORTACIÓN: Pago fraccionado 50 euros ao mes/ Pago único con desconto 135 euros ao trimestre

IMPARTIDO por Alba Gómez artesá téxtil titulada pola EMAO de Vigo e con rexistro de obradoiro de Artesanía de Galicia.

Non se devolverán os cartos, excepto que o curso o final non se realice ou a praza sexa cuberta