DE OUTUBRO A DECEMBRO 2024
Xa temos listo para arrincar o espazo costureiras 2024. Un ano mais continuamos co formato clube de costura na Asociación Xaruma!!! Despois de tres anos de formación de alumnado na arte da costura abrimos un lugar onde desenvolver a tua creatividade dunha forma mais fluída, o teu ritmo, aínda que seguiremos traballando por proxectos e adquirindo coñecementos técnicos e teóricos. Este grupo está aberto tanto para alumnado xa avanzado dos anteriores cursos de costura de Xaruma como para persoas externas que queiran xuntarse para traballar e pasar un rato divertido, sempre que teñan coñecementos previos.
Neste artigo podes informarte sobre os beneficios na saúde mental de facer actividades artísticas
*As datas e os proxectos poderían sufrir modificacións*
DIRIXIDO A: maiores de 18 anos con coñecementos previos
DURACIÓN E HORARIO:
Grupo MÉRCORES TARDE en horario de 16 a 20 horas
Datas 9 e 23 de outubro, 6 e 13 de novembro, 4 e 18 de decembro.
2 sesións o mes de 4 horas cada unha, un total de 24 horas distribuídas de outubro a decembro do 2024.
Máximo 7/8 persoas por grupo.
LUGAR: Sanjurjo Badía 79, Vigo.
MATERIAIS: Xaruma aportará o costureiro básico, máquinas, os fíos e mobiliario adecuado. O alumnado terá que traer os tecidos para os proxectos e se prefire a súa propia máquina.
APORTACIÓN: Pago único de 120 euros ou clases soltas a 20 euros/clase
IMPARTIDO por Alba Gómez artesá téxtil titulada pola EMAO de Vigo e con rexistro de obradoiro de Artesanía de Galicia.
Non se devolverán os cartos, excepto que o curso o final non se realice ou a praza sexa cuberta
Anímate a pasar un bo rato!
Incripcións en: