A festa dos maios é unha das nosas favoritas. Este ano, polas circunstancias que estamos vivindo, non podemos realizala, pero temos outra cousiña preparada para festexar a primavera.

Trátase do I Concurso de Espantallos. Tes que facer a túa composición en casa, sacarlle unha foto e enviárnola antes do 24 de maio.

Requisitos do espantallo:

  • Dimensión mínima de 1 metro e máxima de 2 metros.
  • Elaborados con material de reciclaxe que podamos atopar na casa: roupa vella, botellas, paus, bolsas de plástico, teas, tapóns, sombreiros vellos, envases de plástico ou de lata (materiais que aguanten o auga).
  • Teñen que ter un soporte para poder cravalo na terra e/ou apoialo de maneira estable.
  • O espantallo ten que ter un nome e unha pequena historia.

Algunhas inspiracións…

Poderán participar todas as persoas sen importar a súa idade.

Recorda que deberás enviar asinada a protección de datos e a autorización materna/paterna (de ser o caso). Podes descargalos aquí:


Exaltemos a natureza, festexemos a primavera e reusemos todas esas cousiñas que temos por casa. Moita sorte!