Obradoiro formativo e de concienciación sobre o que é un proxecto de radio escolar.

En cada clase o obradoiro dividirase en dous apartados :

1. Conceptos teóricos: Qué é a Liberdade de Expresión, Medios de Comunicación , que é unha Emisora, que é un “Podcast, que son as “Fake news” e a importancia de estar ben informados/as, que é a “Intelixencia Colectiva”, etc.

Continuaremos coñecendo o proxecto “Radio Maruxa” e outras radios escolares coma exemplos.

2. Conceptos prácticos: Elixir o nome da sección da radio da clase, creación dun logo representativo e o aprendizaxe da tecnoloxía necesaria para o seu funcionamento.

Finalmente realizaremos unha entrevista grupal para saber que agardan da iniciativa probando por turnos a experiencia de falar na radio.

A actividade está destinada a despertar o interese polo proxecto ademáis de comprender a importancia da liberdade de expresión e da Radio.

Grupos: Educación Primaria, E.S.O e Bacharelato

Número de participantes: Máximo 25

Duración: 50 minutos

Se queres máis información podes enviarnos unha mensaxe o correo electrónico de Radio Maruxa