OBRADOIRO PRÁCTICO, INFORMATIVO E DE SENSIBILIZACIÓN

O vindeiro 25 de setembro terá lugar un obradoiro sobre saúde mental impartido pola Asociación Xaruma.

Esta sesión consiste nun xogo dinámico e práctico que ten como obxectivo desmontar prexuízos e traballar o estigma social que sofren as persoas que teñen un diagnóstico en saúde mental. Abordaranse factores biopsicosociais relacionados coa saúde mental (teoría diátesis-estrés), recalcando a importancia e determinación que teñen os factores ambientais no noso benestar.

  • Lugar: CSC Maruxa e Coralia (Praza Salvador Parga, 4)
  • Data: 25 de setembro
  • Horario: a partir das 18:00h
  • Público destinatario: aberto á cidadanía en xeral (previa inscrición)
  • Coste: de balde

Para facer a inscrición podedes escribir ao correo infoxaruma@gmail.com ou a través do seguinte teléfono: 698 142 158.

A educación é a arma máis valiosa que podemos utilizar para cambiar o mundo.

Nelson mandela