OBRADOIRO PRÁCTICO, INFORMATIVO E DE SENSIBILIZACIÓN

Tras a charla adiada do 29 de abril temos nova data. O vindeiro 13 de maio terá lugar un obradoiro sobre saúde mental impartido pola Asociación Xaruma, sendo a segunda edición deste na cidade de Santiago https://xaruma.org/entendendo-a-saude-mental/

Esta sesión consiste nun xogo dinámico e práctico que ten como obxectivo desmontar prexuízos e traballar o estigma social que sofren as persoas que teñen un diagnóstico en saúde mental. Abordaranse factores biopsicosociais relacionados coa saúde mental (teoría diátesis-estrés), recalcando a importancia e determinación que teñen os factores ambientais no noso benestar.

  • Lugar: CSC Maruxa e Coralia (Praza Salvador Parga, 4)
  • Data: 13 de maio
  • Horario: a partir das 17:45h
  • Público destinatario: aberto á cidadanía en xeral (previa inscrición)
  • Coste: de balde

Para facer a inscrición cubre o seguinte formulario: