Apetéceche pasar un día diferente?

Como cada ano, temos unha excursión máis que ofrecerte dentro do programa da Deputación ” En ruta coa Depo”.

Nesta excursión do 1 de setembro visitaremos:

  • A Illa da Toxa
  • Ría de Arousa (Paseo en barco con degustación).
  • O Grove e o seu Museo de Salazón.
  • Xacemento da Lanzada.

Para apuntarte, simplemente enche o formulario que hai máis abaixo. É moi importante enchelo cos datos completos de NOME, DNI e TELÉFONO.  No caso de haber algunha persoa con mobilidade reducida con necesidade de transporte adaptado, así como alerxias ou intolerancias alimentarias, rogámosche que nolo comuniquedes no apartado de observacións. Tamén é importante que comuniquedes os menores de 18 anos.

Só se pode facer unha inscrición por formulario e a data límite para realizala finaliza o día  de 17 de agosto. Se vos queredes anotar máis persoas xuntas, indicade en observacións todos os datos persoais do resto de persoas (nome completo, DNI, teléfono e intolerancias ou alerxias de ser o caso)

O prezo é de 12€. En caso de haber menores, deberedes comunicalo, aínda que o prezo este ano é de 12€ tamén para os menores.

O pago realizarase unicamente a través de transferencia bancaria no prazo de 3 días hábiles unha vez confirmada a praza. O número de conta enviarase unha vez confirmada a praza.

O bus saíra ás 10:00 h dende o Centro Comercial A Laxe e  voltará arredor das 19:30h ó mesmo lugar.

Se queres pasar un día diferente, coñecer o noso entorno e xente nova, non o dubides, vente connosco!

Apresúrate! Hai prazas limitadas!

Non podes faltar!

IMPORTANTE: Non se devolverán os cartos salvo que a excursión finalmente non se realice ou a praza poida ser cuberta.