Apetéceche pasar un día diferente?

Como cada ano, temos unha excursión máis que ofrecerte dentro do programa da Deputación “En ruta coa Depo”.

Nesta excursión do 5 de novembro visitaremos:

  • Mosteiro de Aciveiro: monasterio cisterciense fundado no século XII, enclavado nos altos da Serra do Candán a orillas do río Lérez. Na actualidade a iglesia utilízase como iglesia parroquial e é un dos mellores exemplos do románico galego. Está considerado como monumento Histórico Artístico dende 1931 e tamén ten a consideración de Ben de Interese Cultural.
  • Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro: situado o carón do río Deza, constitúe un dos monumentos máis característicos do arte medieval galego do século X, influenciado polas manifestacións artísticas compostelanas, en concreto polo estilo que o Mestre Mateo, desenvolveu na catedral de Santiago.
  • Castro de Toiriz: xacemento castrexo da época de ferro (Século VI a.C.), sito nun montículo a 477 metros sobre o nivel do mar con fermosas vistas do Val de Tabeirós e das Terras do Deza, no que observaremos o aspecto circular do xacemento e apreciaremos claramente as súas murallas defensivas.
  • Fervenza do río Toxa: fermoso espectáculo de auga, luz e son. É considerada a fervenza máis alta de Galicia en caída libre. No seu entorno observaremos unha ampla diversidade tanto de flora como de fauna autóctona do lugar.

Para apuntarte, simplemente enche o formulario que hai máis abaixo. É moi importante enchelo cos datos completos de NOME, DNI e TELÉFONO.  No caso de haber algunha persoa con mobilidade reducida con necesidade de transporte adaptado, así como alerxias ou intolerancias alimentarias, rogámosche que nolo comuniquedes no apartado de observacións. Tamén é importante que comuniquedes os menores de 18 anos.

Só se pode facer unha inscrición por formulario e a data límite para realizala finaliza o día 20 de outubro. Se vos queredes anotar máis persoas xuntas, indicade en observacións todos os datos persoais do resto de persoas (nome completo, DNI, teléfono e intolerancias ou alerxias de ser o caso)

O prezo é de 13,50€. En caso de haber menores, deberedes comunicalo. Este ano para os menores de 12 anos a asistencia é gratuíta.

O pago realizarase unicamente a través de transferencia bancaria no prazo de 5 días hábiles unha vez confirmada a praza. O número de conta enviarase unha vez confirmada a praza.

O bus saíra ás 10:00 h dende o Centro Comercial A Laxe e  voltará arredor das 19:30h ao mesmo lugar.

Se queres pasar un día diferente, coñecer o noso entorno e xente nova, non o dubides, vente connosco!

Apresúrate! Hai prazas limitadas!

Non podes faltar!

IMPORTANTE: Non se devolverán os cartos salvo que a excursión finalmente non se realice ou a praza poida ser cuberta.