En colaboración coa Deputación de Pontevedra, voltamos sacar unha excursión para todos e todas! Tras o éxito dos anos anteriores das rutas do programa, repetimos un ano máis, esta vez á Illa de San Simón. Ademais faremos unha pequena andaina por unha parte do Camiño Portugués do Norte,visitaremos o museo Meirande e á vila de Redondela.

Para apuntarte, simplemente enche o formulario que hai máis abaixo. É moi importante enchelo cos datos completos de NOME, DNI e TELÉFONO.  No caso de haber algunha persoa con mobilidade reducida con necesidade de transporte adaptado, así como alerxias ou intolerancias alimentarias, rogámosche que nolo comuniquedes no apartado de observacións.

Só se pode facer unha inscripción por formulario e a data límite para realizala finaliza o día 23 de outubro.

O pago realizarase unicamente a través de transferencia bancaria no prazo de 4 días hábiles unha vez confirmada a praza. O número de conta enviarase unha vez confirmada a mesma.

O bus saíra ás 9:30 h dende o Centro Comercial A Laxe e  voltará arredor das 19:00h ó mesmo lugar.

Se queres pasar un día diferente, coñecer o noso entorno e xente nova, non o dubides, vente connosco!

Apresúrate! Hai prazas limitadas!

Agardámoste!

IMPORTANTE: Non se devolverán os cartos salvo que a excursión finalmente non se realice ou a praza poida ser cuberta.