Apetéceche pasar un día diferente?

Como cada uno, temos unha excursión máis que ofrecerte, dentro do programa da Deputación “En ruta coa Depo”.

Nesta excursión do 9 de decembro visitaremos:

  • Conxunto histórico de Tui.
  • Espazo fortaleza en Goián. 
  • Castro de Santa Tegra en A Guarda.
  • Monte Aloia.
  • Alto dos Cubos.

Para apuntarte, simplemente enche o formulario que hai máis abaixo. É moi importante enchelo cos datos completos de NOME, DNI e TELÉFONO.  No caso de haber algunha persoa con mobilidade reducida con necesidade de transporte adaptado, así como alerxias ou intolerancias alimentarias, rogámosche que nolo comuniquedes no apartado de observacións. Tamén é importante que comuniquedes os menores de 18 anos.

Só se pode facer unha inscrición por formulario e a data límite para realizala finaliza o día 22 de novembro. Se vos queredes anotar máis persoas xuntas, indicade en observacións todos os datos persoais do resto de persoas (nome completo, DNI, teléfono e intolerancias ou alerxias de ser o caso)

Os adultos pagarán 12 euros mentres que os menores de 12 anos pagarán 8€ (recordade comunicalo)

O pago realizarase unicamente a través de transferencia bancaria no prazo de 4 días hábiles unha vez confirmada a praza. O número de conta enviarase unha vez confirmada a praza.

O bus saíra ás 10:00 h dende o Centro Comercial A Laxe e  voltará arredor das 19:30h ó mesmo lugar.

Se queres pasar un día diferente, coñecer o noso entorno e xente nova, non o dubides, vente connosco!

Apresúrate! Hai prazas limitadas!

Non podes faltar!

IMPORTANTE: Non se devolverán os cartos salvo que a excursión finalmente non se realice ou a praza poida ser cuberta.