Apetécevos pasar un sábado diferente?

Temos unha excursión dentro do programa da Deputación “En ruta coa Depo” o día 22 de outubro

Nesta excursión visitaremos os seguintes lugares:

  • Mosteiro de San Xoán de Poio
  • Cerdedo – Cotobade: igrexa Santa María de Augasantas e fonte medicinal.
  • Praia fluvial de Ponte Caldelas

O prezo é de 13,50 € e para os menores de 12 anos gratuito. Realizarase a través de transferencia bancaria no prazo de 5 días habiles unha vez confirmada a praza.

Para apuntarte, tes que encher o formulario que hai máis abaixo cos datos completos NOME, DNI e TELÉFONO. No caso de haber algunha persoa con mobilidade reducida con necesidade de transporte adaptado, así como alerxias ou intolerancias alimentarias, comunicalo no apartado de observacións.

Se vos queredes anotar máis persoas xuntas, indicade en observaciones todos os datos persoais do resto de persoas ( nome completo, DNI, teléfono e intolerancias ou alerxias de ser o caso).

NON SE DEVOLVERÁN OS CARTOS SALVO QUE A EXCURSIÓN FINALMENTE NON SE REALICE OU A PRAZA POIDA SER CUBERTA