FORMACIÓN OFICIAL

Ante o próximo cambio de normativa, o curso de director/a de actividades de tempo libre adquirirá un valor maior, pois esixirase para traballar en máis ámbitos de tempo libre, como por exemplo, ser docente nunha escola.

O título oficial de director/a de actividades de tempo libre ascende un nivel dentro do mundo da educación non formal, ademais de darche acceso a outro tipo de formación oficial, como o título de director/a de campos de traballo, formación exclusiva das escolas de tempo libre.

O curso consta de 150 horas teórico/prácticas e 150 horas prácticas. Terá lugar en fins de semana entre o 6 de marzo e o 31 de maio, atendendo á seguinte temporalización.

CRONOGRAMA CURSO DIRECTOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

INDICACIÓNS CURSO DIRECTOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

Será presencial en Vigo, na rúa Torrecedeira 66 (zona centro). Existe a posibilidade de ceder un espazo para pernocta os días de curso, le máis abaixo!

APORTACIÓN ECONÓMICA: 300 € para voluntariado activo e socios/as; 310 € para o resto das persoas.

Haberá posibilidade de facer o pago fraccionado en tres partes:

  1. Matrícula e reserva de praza (antes do 3 de marzo): 170€ / 180€
  2. Segundo pago (antes do 5 de abril): 80€ / 80€
  3. Terceiro pago (antes do 5 de maio): 50€ / 50€

Requisitos (Decreto 50/2000):

  • Título de monitor/a de actividades de tempo libre. (Achegarase copia do título oficial)
  • Titulación mínima de bacharelato ou formación profesional. (Achegarase copia do título ou documento que acredite a titulación mínima)
  • Experiencia de traballo como monitor/a de 250 horas ou 30 días de campamento. As horas deberán ter sido traballadas despois da obtención do título de monitor/a. (Acreditarase mediante certificados de empresa, vida laboral, contratos ou calquera outro documento que acredite esa experiencia).

FACILITACIÓN ASISTENCIA. CESIÓN ESPAZO PARA PERNOCTA

Para as persoas que vivan lonxe e/ou teñan dificultades de transporte para acceder á formación, ponse a disposición o piso da entidade para permanecer de venres a domingo os días de curso. É un piso con capacidade para 5 persoas, totalmente equipado e accesible. Non ten custe a maiores, sin embargo necesitará que as persoas sexan socias (asociarse require un pago único de 5€, infórmate aquí). As solicitudes valoraranse de forma individual atendendo a criterios de distancia, horarios e necesidades. As persoas que opten a este servizo asinarán un compromiso de usos e responsabilidade sobre o espazo. No formulario de inscrición poderase solicitar o seu uso, que confirmaremos nos días posteriores á inscrición.

CONTIDOS

1ª parte (40 horas). Área de psicosocioloxía:

  • Dirección de equipos e liderato
  • Análise das realidades sociais

2ª parte (25 horas). Área de intervención educativa:

  • As correntes pedagóxicas e a súa influencia na pedagoxía do tempo libre.
  • A pedagoxía do ocio. O concepto de tempo libre.
  • Educación en valores: o ideario educativo.
  • Metodoloxía e modelos de intervención en actividades de tempo libre: actividade, participación, convivencia.
  • Asociacións como espacio educativo.

3ª parte (85 horas). Área de xestión:

  • Planificación e deseño de proxectos de intervención
  • Estratexias de xestión
  • Organización e modelos organizativos
  • Administración, xerencia e xestión económica
  • Lexislación
  • Políticas e recursos institucionais

Haberá dúas ou tres xornadas abertas á sociedade (segundo o número de alumnado) de actividades de dinamización social directamente relacionadas coa titulación, organizadas polo propio alumnado, coa finalidade de pór en práctica os coñecementos adquiridos na xestión e coordinación de actividades de lecer.

 Para inscribirte, simplemente deberás encher o seguinte formulario de inscrición e esperar a nosa confirmación.

* Non se devolverán os cartos salvo que o curso finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta. O feito de que a persoa acade o non apto nalgunha das fases do curso, non suporá a devolución do importe da formación.

Se aínda tes dúbidas consulta Preguntas frecuentes