Dende 1992, o 10 de outubro conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental. Non é un día de celebración, é un día para reivindicación. Queremos dicir moi alto que existe un estigma en saúde mental, apoiado polos medios de comunicación e a sociedade en xeral. Quereremos que a cidadanía reciba máis servizos psicosociais e unha atención psicolóxica pública e de calidade, queremos ser atendidas con respecto.

Baixo o lema de “Traballo e saúde, un vínculo fundamental”, este ano convocamos unha concentración en forma de performance na rúa do Príncipe http://Rúa do Príncipe, Santiago de Vigo, 36202 Vigo, Pontevedra. Será o xoves 10 de outubro de 19.00 a 20.00h. Acude vestid@ de negro en loito pola falta de recursos.

Se queres axudarnos a crear a cartelería, podes axudarnos de dúas formas:

  1. Vén o día 7 de outubro o Barrio das Flores a axudarnos a facer carteis. http://Rúa Crisantemo, 10, Teis, 36207 Vigo, Pontevedra
  2. Ou fainos chegar as túas propostas de mensaxes sobre demandas ou debilidades do sistema de saúde mental a participacionxaruma@gmail.com