Dende 1992, o 10 de outubro conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental. Non é un día de celebración, é un día para reivindicación. Porque estamos fartas do estigma en saúde mental, de ser lacradas polos medios de comunicación, de recibir servizos insuficientes, de non ser atendidas con respecto, de ser xulgadas e sinaladas; fartas do labirinto burocrático, das esperas na atención psicosocial, das cifras de suicidios, da ausencia de dereitos.

Baixo o lema de “Saúde Mental, Saúde Mundial: un dereito universal”, este ano convocamos unha concentración en forma de performance na rúa do Príncipe. Será o martes 10 de outubro de 19.30 a 20.30h. Simplemente vén vestida/o de negro, nós faremos o resto.

Se queres axudarnos a crear a cartelería, podes axudarnos de dúas formas:

  1. Vén a Xaruma os días 4 e 6 de outubro de 17h. a 19 h. a axudarnos a facer carteis.
  2. Ou fainos chegar as túas propostas de mensaxes sobre demandas ou debilidades do sistema de saúde mental a participacionxaruma@gmail.com

“Saúde Mental, Dereito Universal”