O curso consta de 50 horas teórico/ prácticas e mínimo 14 días de actividad como director de un campo de trabajo en prácticas. Terá lugar en fins de semana entre o 1 de marzo e 6 de abril, atendendo a seguinte temporalización.
Datas: 1 de marzo – 6 de abril (consulta o calendario)
Horario: venres, sábados e domingo neste horario:
- Venres: 16:00 – 21:00h
- Sábados: 9:00 – 14:00 /15:00 – 20:00h
- Domingos: 9:00 – 14:00h
Dispoñemos dun espazo con microondas e menaxe para poder comer.
Lugar: Vigo (barrio de Teis). Liñas L5, C3, 10, 17 e 31 (Vitrasa).
Requisitos (Decreto 50/2000):
* Ter o título oficial de Directores/as de Actividades de Tempo Libre.
* Acreditar unha experiencia de traballo como director/a de , polo menos, un campamento de 15 días.(Acreditarase mediante certificados de empresa, vida laboral, contratos ou calquera outro documento que acredite esa experiencia).
Contidos
- Características xerais que definen un campo de traballo como marco de relación e comunicación para os rapaces participantes.
- As administracións e as entidades organizadoras. Acordos de cooperación.
- Tipoloxías de campos de traballo e aprendizaxe.
- O traballo técnico: Horario, recursos, material e ferramentas de traballo . Material específicos.
- Persoal e tarefas.
- O aloxamento.
- Os participantes e as súas necesidades.
- Seguros de accidentes e reponsabilidade civil.
- Criterios de selección das diferentes propostas.
Aportación económica: 150€ tarifa ordinaria. Posibilidade de facer o pago fraccionado en dúas partes:
Matrícula e reserva de praza ( antes do 26 de febreiro): 100€
Segundo pago (antes do 24 de marzo): 50€
Para preinscribirte, simplemente enche o formulario final cos datos correctos e completos, engadindo a documentación solicitada. No prazo máximo de 5 días hábiles enviarémosche un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir.
*Non se devolverán os cartos salvo que o curso finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta