Clases costura de outubro a xuño
Este curso anual plantéxase como continuidade do curso introdutorio monográfico. É imprescindible facer o curso monográfico para acceder ao clube de costura anual ou acreditar un mínimo de coñecementos coa máquina de coser. A idea é que en cada sesión realizarase un proxecto de costura para ir pouco a pouco adquirindo coñecementos tanto de técnicas, de tecidos e materiais, como de patróns sinxelos de roupa e complementos.
PRIMEIRO TRIMESTRE (OUTUBRO A DECEMBRO).
1ª sesión: semana do 5 ao 9 de outubro.
Proxecto de complementos de moda: tote bag forrada e con peto, carteiriña con cremalleira.
2ª sesión: semana do 12 ao 23 de outubro.
Proxecto de kimono e albornoz.
3ª sesión: semana do 9 ao 13 de novembro.
Proxecto de cousas infantís/bebé: portapañais, corona aniversario, babeiro, arrullo…
4ª sesión: semana do 23 ao 27 de novembro.
Proxecto pichi inverno.
5ª sesión: semana do 30 nov ao 4 de decembro.
Proxecto pantalón de pixama. Aprender a tomar medidas e sacar patrón de prendas a partir doutra prenda.
6ª sesión: semana do 14 ao 18 de decembro.
Iniciación ao patronaxe sinxelo
As datas poderían sufrir modificacións.
SEGUNDO E TERCER TRIMESTRE:
Datas por concretar, atendendo á dispoñibilidade dos grupos xa formados. Seguiremos na liña de dúas sesións ao mes.
Proxectos e aprendizaxes:
- Saia con patrón
- Blusa
- Pantalón con goma
- Vestido sinxelo
- Especial Entroido
- Vestido con botóns
- Peto
- Prendas elásticas
DIRIXIDO A: maiores de 18 anos que fixeran o curso introductorio
DURACIÓN E HORARIO: 2 sesións ao mes de 3,5 horas cada unha (sen descanso, disporemos de zona café autoxestionada). Son un total de 6 sesións ao trimestre. As datas e o temario son orientativos, poderán modificarse se fose necesario.
Máximo 6 persoas por grupo
- Grupo A: martes de 16:30 a 20 hs
- Grupo B: xoves de 10 a 13:30 hs
- Grupo C: xoves de 16:30 a 20 hs
- Grupo D: sábado de 10:30 a 14 hs
LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.
MATERIAIS: Xaruma aportará o costureiro básico, os fíos e mobiliario adecuado. O alumnado terá que traer os tecidos para os proxectos e a túa propia máquina de coser (se non dispós de máquina, escribe en comentarios e vemos de procurar unha solución).
APORTACIÓN*: 45 euros ao mes -persoas socias ou non socias con pago trimestral / 50 euros as mes- persoas non socias ou pago mensual
O pago trimestral será de 135 euros (correspondente a 3 meses , 6 sesións)
O pago mensual será de 50 euros ao mes
IMPARTIDO por Alba Gómez artesá téxtil titulada pola EMAO de Vigo e con rexistro de obradoiro de Artesanía de Galicia.
Medidas de prevención da COVID:
Xaruma conta coas medidas de prevención da COVID-19 necesarias para realizar esta actividade, destacando:
- Limpeza e desinfección diaria e frecuente das instalacións.
- O material estático utilizado desinfectarase tras cada uso (cadeiras, mesas…) e será usado polas mesmas persoas.
- Espazo amplo e ben ventilado. Visita as nosas instalacións.
- Uso de máscara e xel hidroalcólico.
Inscríbete no seguinte formulario indicando grupo (A, B, C, D ou E)
*Non se devolverán os cartos, excepto que o curso finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta