Se tes inquietude por coñecer como é o funcionamento dunha horta ecolóxica e queres aprender a producir os teus propios alimentos, este verán tes a oportunidade de apuntarte a este curso:
CURSO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA (30 horas)
(Formación teórica e práctica)
PROGRAMA DO CURSO:
1. ¿POR QUÉ Á AGRICULTURA ECOLÓXICA?
A agricultura ecolóxica: O medio ambiente e a saúde.
Conceptos de sostenibilidade e biodiversidade.
2. O SOLO
O solo como organismo vivo.
Características físicas e químicas do solo.
3. FERTILIZACIÓN
A materia orgánica.
O proceso do compostaxe e vermicompostaxe.
Os abonos inorgánicos e a fertilización verde.
4. TÉCNICAS EN AGRICULTURA ECOLÓXICA
As sementes.
Elaboración de bancais.
Os cultivos, rotacións e asociación.
5. MÉTODOS DE PREVENCIÓN E CONTROL
Concepto de enfermidade en agricultura ecolóxica.
Protección de cultivos.
Prevención de enfermidades.
5. A AUGA
Regar sen derrochar.
PRÁCTICAS DO CURSO:
Preparación do terreo e manexo do solo.
Análisis do solo.
Selección de sementes e plantas.
Preparación de sementeiras.
Elaboración dun composteiro.
Elaboración e aplicación de fertilizantes.
Cultivo, labouras de rutina.
Rega baixo criterios de aforro.
Control de patóxenos por medios de loita biolóxica.
DURACIÓN DO CURSO: Do 6 de xullo de 2020 ao 16 de xullo de 2020.
HORARIO: Luns, martes, mércores e xoves de 10:00 a 14:00 horas.
LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.
MATERIAIS: O alumnado deberá aportar luvas, roupa e calzado de traballo.
HORAS TOTAIS DO CURSO: 30 horas
APORTACIÓN: socios 75€ e non socios 85€
Para inscribirte só tes que cubrir o formulario que aparece na parte inferior e nos próximos días recibirás unha mensaxe de confirmación co número de conta para facer o pago no prazo de 3 días laborais.
Medidas de prevención
Xaruma conta coas medidas de prevención do COVID-19 necesarias para realizar esta actividade, destacando:
Grupo máximo 10 persoas.
Limpeza e desinfección diaria e frecuente das instalacións.
O material estático utilizado desinfectarase tras cada uso (cadeiras, mesas…) e será usado polas mesmas persoas.
Entregarase documento de normas e medidas de prevención previamente ao inicio do curso.